O PORQUÉ DESTE BLOG

Este blog xorde coma un traballo práctico para unha asignatura, pero unha vez que escollín a temática e me puxen a investigar atopeime ca paradoxa de que na "rede de redes" a información sobre a "epidemia das epidemias" non é sempre moi clara e está moi dispersa.

Outra sorpresa que me levei foi que moita xente ó meu redor non diferencia entre VIH e SIDA e non ten nin os conceptos máis básicos sobre un tema de vital importancia coma é este.

Así, decidinme a facer deste blog un lugar para que todo o que necesite información sobre o VIH ou a SIDA, dende afectados ata estudantes ou simples "curiosos", poda atopar nun mesmo lugar todo o básico que necesita saber.

Ademáis, dinme conta de que apenas atopei información sobre este tema en galego e decidín facer o blog na lingua da miña terra; pero ademáis tentarei nun futuro o máis próximo posible traducilo a outros idiomas para poder achegar a información a un maior número de persoas.

Pode que nalgúns aspectos a información sexa moi técnica e noutros pouco rigurosa, pero dende logo tentei que este blog fose o máis veraz e claro posible.

Sendo así, na páxina que introduce a este blog atoparedes o correo electrónico ó que podedes enviar dúbidas, correcións, queixas, agradecementos ou calquera cousa que se vos ocorra.

Ademáis, para ampliar coñecementos ou aclarar dúbidas, dígovos o que di un profesor meu, "Todo está nos libros"; e engado que os que de verdade saben de saude son os médicos.

MOITAS GRAZAS POR VISITAR VIH≠SIDA

ESPERO QUE VOS SEXA DE MOITA AXUDA

1 DE DECEMBRO

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA