WESTERN BLOTTING

O fundamento do Western blot (WB) é a discriminación dos antíxenos do VIH ós que se enfrentan os anticorpos presentes na mostra, os cales se poderán detectar posteriormente.

Basicamente baséase na separación das proteínas (antíxenos) obtidas do VIH procedentes do lisado do cultivo do virus e purificadas por centrifugación. A proteína viral así obtida colócase nun xel de poliacrilamida en forma de láminas delgadas e logo efectúase unha electroforese coa que as proteínas de menor peso molecular (p17, p24) emigran máis lonxe no xel mentres que as de maior peso molecular mantéñense preto do seu lugar de depósito.
Despois transfírense a unha tira de nitrocelulosa e córtanse en tiras duns 5 mm de ancho. Estas son as tiras que se expón ao soro humano diluído, logo dunha incubación lávanse e vólvense a incubar cunha IgG antihumana marcada cunha encima que coa exposición a un revelador encimático producirá unha banda coloreada nas zonas correspondentes aos anticorpos que conteña a mostra.

Polo xeral considérase que o WB é unha proba sensible para as proteínas do núcleo e algo menos para as da cápside. Por iso durante a infección primaria é unha proba pouco sensible como os EIA; ademais de nas fases terminais.