Antíxeno e Anticorpo

Un antíxeno (Ag) é calquera molécula que pode ser recoñecida especificamente por calquera dos compoñentes do SE ou ben calquera molécula capaz de inducir a produción de anticorpos específicos.

Os anticorpos (Ac), tamén coñecidos como inmunoglobulinas, son un grupo de moléculas séricas que producen os linfocitos B. Os diferentes tipos de Ac teñen unha estrutura básica común a todos eles, pero o sitio polo que se unen ao Ag é específico de cada un; a parte da molécula que se une ao Ag denomínase rexión Fab (fragment antigen binding) mentres que a zona que interactúa con outros elementos do SE se denomina rexión Fc (algunhas células do SE teñen sobre a súa superficie receptores de Fc polo que se un Ac únese a un patóxeno esas células tamén poden unirse a el). A zona da molécula do Ag á que se une o Ac denomínase epítopo e unha molécula de Ag pode ter varios deles polo que os Ac en realidade son específicos dun epítopo e non da molécula completa de Ag.