· Inhibidores da transcriptasa inversa análogos de nucleósidos
- zidovudina (Rertrovir R ou AZT)
- didanosina (Videx ou DDI)
- zalcitabina, estavudina (d4T)
- lamivudina (Epivir ou 3TC)
- abacavir (1592U89)
· Inhibidores da proteasa
- saquinavir
- ritonavir (Norvir)
- indinavir
- nelfinavir
· Inhibidores da transcriptasa inversa non análogos de nucleósidos
- nevirapina
- delavirdina
- efavirenz
· Outros
- amprenavir
- adefovir
- hidroxiurea
Na actualidade os expertos no tratamento da infección VIH/SIDA están de acordo que o efecto da asociación de dúas ou máis medicamentos antirretrovirais é superior ao emprego dun só (monoterapia), e ata que o tratamento combinado con tres drogas é superior á combinación de só dúas.
Non existen con todo estudos claros que demostren cal é a combinación de antirretrovirais máis idónea.
Estanse utilizando combinacións de 2 inhibidores da transcriptasa inversa análogos dos nucleósidos sos ou combinados cun inhibidor da proteasa. As combinacións que se están utilizando na actualidade son numerosas; moitas delas inclúen 3TC con outro inhibidor da transcriptasa ou cun inhibidor da proteasa; algunhas combinacións manteñen AZT ou d4T pola súa boa penetración no sistema nervioso central.
Tamén se está ensaiando combinacións diferentes de 2 inhibidores da proteasa.
Outra das ideas que parece derivarse da terapia combinada é que a rotación de diferentes pautas podería contribuír á mellora da calidade de vida dos pacientes VIH e a atrasar a evolución da enfermidade. O tratamento antirretroviral debe integrarse no conxunto dos coidados do paciente con infección VIH/SIDA: a profilaxe e o tratamento das infeccións oportunistas, o apoio psicolóxico e social, os coidados do paciente en situación terminal, a atención das toxicomanías e o consello para reducir ou evitar prácticas de risco.
Os efectos secundarios que presenta a píldora son os mesmos que os que teñen os tres fármacos que a compoñen por separado, principalmente mareos, insomnio ou problemas de concentración.
O seu coste ronda os 1250 $/mes (850 €/mes).
Ademáis estase comezando a utilizar Etravirina (TMC125), un novo inhibidor non análogo da transcriptasa inversa orientado ós enfermos que xa non responden a outros tratamentos (multiresistencia). O seu obxetivo é reducir a carga viral por debaixo de 50 copias por mililitro de sange (por debaixo do umbral detectable) e restaurar as defensas inmunitarias xa que hasta o momento non hay ningún medicamento que elimine totalmente o virus. Os resultados son esperanzadores, xa que nun estudo recentemente realizado dos pacientes que recibiron Etravirina o 62% mostraban cargas virais indetectables ás 24 semanas.
Con todos estes tratamentos frénase o progreso da enfermidade e a aparición de infeccións oportunistas, así que aínda que a SIDA non pode curarse sí pode convertirse nunha enfermidade crónica compatible cunha vida longa e case normal co uso continuado deses fármacos, aínda que poden aparecer efectos secundarios e reaccións adversas cos tratamentos.
Nos países desarrollados os infectados poden levar unha enfermidade crónica sen desarrollar un cadro de SIDA gracias ó tratamento, aínda que éste pode alcanzar prezos moi elevados.
Noutros paises non desarrollados onde non están dispoñibles estes medicamentos ou non son economicamente accesibles á maioría da poboación (moitos países de África ou Asia por exemplo) os infectados desarrollan SIDA e morren poucos anos despois de ser diagnosticados.