Os linfocitos B están programados para codificar un receptor de superficie especifico dun determinado Ag tras o cal multiplícanse e diferéncianse en células plasmáticas que producen os Ac.
Os linfocitos T tamén poden recoñecer Ag aínda que non producen Ac.
Cando se produce o contacto entre o linfocito e o Ag, os linfocitos que son capaces de recoñecelo empezan un proceso de proliferación que conduce en poucos días á existencia dun número suficiente para ocasionar unha resposta inmunitaria que permita a eliminación do Ag.
O proceso polo que os linfocitos que son capaces de recoñecer a un determinado antíxeno e proliferan chámase selección clonal.
Unha vez producido o contacto inicial cun antíxeno determinado, os sucesivos contactos co mesmo antíxeno vanse a caracterizar por obter unha resposta moito máis rápida e enérxica que a inicial debido a que esta dá lugar á produción de linfocitos de memoria que persisten.